Imprimir

Gran representación celanovense na 38ª San Martiño que volve a gañar Penas.

IMG-20141117-WA0033O domingo 19 de novembro voltou a celebrarse a gran festa do deporte ourensán, coa 38ª edición da San Martiño. Nin a chuiva que amenazaba puido evitar que miles de atletas a maioría populares poideran disfrutar do seu momento polas ruas de Ourense e moitos de iles, cada vez mais, da nosa vila. Ben a través do clube Pato Blanco ou de maneira individual a representación celanovense continua crecendo e ata 36 corredores vinculados a Celanova conseguiron rematala proba, sendo os mellores clasificados J.Antonio Losada Miranda 37:55 rematando no posto 222 ,  Julio Fernandez 37:56 posto 225, José M. Toledo 39:29 posto 338, Fernando Montes 39:53 posto 434, Manuel Vicente Rodriguez 40:23, Carlos Vispo 40:41 posto 514....Así mesmo 5 corredoras do noso entorno remataron a proba sendo Mónica Alvarez con 57:10 no posto 3324 a mellor clasificada. En canto a carreira absoluta o gañador voltou a ser Manuel Penas do New Balance cun tempo de 30:39. Voltou a ser por dous motivos, porque e a segunda San Martiño que consigue gañar e porque voltou a selo gañador tras habelo conseguido fai quince días na poular de Santiago a outra proba referente do atletismo galego. Por detrás chegaron Hassam Lekhilique rematou a proba en 30:43 e Rubén Diz 31:10. En canto a categoría femenina a gañadora foi a canguesa Andreia Pereira cun tempo de 35:01 .

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.