Imprimir

Gran representación do Pato Blanco nunha tremenda VIG-BAY gañada por Lolo Penas.

IMG-20151127-WA0002Iste fin de semana e baixo unhas condicións de extrema dureza polo mal tempo reinante disputouse unha nova edición da media maratón mais prestixiosa da nosa comunidade a VIG-BAY ou o que é o mesmo percorrer a distancia que hai entre Vigo e Baiona. Como todo-los anos unha nutrida representación do Pato Blanco celanovés estivo presente no evento e superando as dificultades do recorrido todos tiveron o gran mérito de rematala e en perfectas condicións. A proba tuvo tres claros dominadores que chegaron xuntos para disputar a victoria nun apretado Sprint onde Lolo Penas sairía gañador cun tempo de 1:09:58, seguido case no mesmo tempo por Hassn Lekhili e Rubén Diz. En categoría fiminina a gañadora sería Diana RUivó con 1:26:45. Polo que respecta aos celanovenses do Pato Blanco os mellores clasificados foron J.M.Toledo cun tempo de 1:28:57, Vicente Rodriguez 1:29:18 e Alexander Diz 1:30:48, polo que respecta as participantes fimininas Susana Selas e Mónica Alvarez calcaron un tempo de 2:10:09.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.