Imprimir

Comenza a conta atrás coa apertura das inscripcións para a disputa da Nocturna de Celanova o 11 de Xuño..

Hoxe día 5 de Xuño comenza a conta atrás coa apertura das inscripcións para a Nocturna de Celanova que se celebrará o Sabado 11 de Xuño. A inscripción poderase facer na páxina web de champión chip norte ou ben de forma presencial en calquera dos dous pavillóns municipais. Será gratuita a inscripción para as categorías  inferiores mentres que para os participantes na carreira absoluta  o custe será de 5 euros para os que teñen chip en propiedade mais un euro polo aluger para a carreira para os que non dispoñan de il. Esperamos que como todolos anos a inscripción e o desenrolo da proba sexan un éxito que permita seguir consolidando a Nocturna de Celanova como unha das referencias do atletismo popular galego.IMG 20160505 131736

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.