Imprimir

Victoria do Xadrez Celanova diante do Loureiro Ourense

Nova victoria do Xadrez Celanova que o asenta como 3º clasificado na Liga galega de Xadrez, esta vez diante do Loureiro Ourense por 1+1/2 por 2+1/2 para os celanovenses. Os puntos para o Xadrez Celanova fixeronos Casal e Sindo con victorias nas súas respectivas partidas, mentres que Andrés empataría o seu para conseguir 1/2 punto e Jairo sairía derrotado e co seu casilleiro a cero.xadrez cel

Imprimir

Victoria por 3-1 do Xadrez Celanova diante o Xadrez Lalín.

Victoria do Xadrez Celanova no seu encontro da liga galega, que disputou iste fin de semana no pavillón Pedra da Moa de Celanova, diante do Xadrez Lalín. Victoria por 3 puntos, ao gañar as súa partidas Sindo, Casal e David, por un do Lalín.xadrez cel

Imprimir

Celebración no pavillón de deportes da Pedra da Moa do día mundial da saude.

Celebración no pavillón de deportes da Pedra da Moa do día mundial da saude, e dentro dos actos unha xornada de convivencia entre os distintos centros da nosa vila, Curros Enriquez, Sagrado Corazón e Celso Emilio Ferreiro. O acto encuadrouse dentro das actividades do plan Xermola da Xunta de Galicia no que tamén forma parte os centros e coordinado polo Concello de Celanova. Os nenos poideron disfrutar dunha mañá divertida, con moitos xogos que promovían a actividade físca e onde se lle fixo tamén recordatorio do importante que é unha alimentación sá e equilibrada.xornada da saude 1xornada saude 2

Imprimir

Participación do Pato Blanco en Xinzo de Limia.

Iste fin de semana disputouse unha nova edición dos 10 Km.de Xinzo de Limia cunha alta participación da xente do Pato Blanco. A proba foi gañada polo atleta Rubén Diz cun tempo de 32:04, mentres en categoría a proba foi gañada pola atleta Sonia Teijeiro cun tempo de 39:53. Mentres os mellor clasificados do clube Pato Blanco foron Damián Gutierres con 39:08 no posto 27 e José M.Toledo con 39:26 no posto 30. Polo que respecta a categoría femenina a atleta do Pato Blanco, Mónica Alvarez rematou 27ª cun tempo de 59:06. pato blanco xinzo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.