E. D. C. Celanova, Mestre Vide, Tropaxe Meuda, E. D. Ourense, Ourense C. F., Pazo Tizón Carballiño, Ribeiro C. F. e C. D. La Purísima foron os participantes que disputaron o torneo en Categoría Prebenxamín.
Bo ambiente e boa convivencia foron os aspectos que reinaron no día do Sábado nos dous Pavillóns da vila de Celanova.
Acadaría o título o Ourense C. F. nunha disputada final ante a E. D. Ourense, lograría o triunfo na tanda de penaltis logo de acadar un empate a dous goles no tempo reglamentario.
O terceiro clasificado sería o C. D. La Purísima, despois de gañarlle a E. D. C. Celanova no partido por o terceiro e cuarto posto por catro goles a cero.
Dende as Escolas Deportivas do Concello de Celanova queremos agradecer a tódolos equipos a súa participación e colaboración.