Actualidade - Fútbol

VICTORIA E DERROTA NOS PARTIDOS APLAZADOS DE BENXAMÍNS E PREBENXAMÍNS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Este Luns pola tarde disputáronse os partidos aplazados na Semana Santa da liga benxamín e prebenxamín.

O Benxamín "A" disputou o seu encontro no "Anexo de San Rosendo" fronte o Barbadás "B" cun resultado de 6 - 4 a favor dos nosos rapaces da EDC Celanova. Os maiores dos Benxamín impuxéronse xogando un bo fútbol combinativo, xa no descanso vencían por 4 a 2. Os goleadores foron Pablo, Jorge, Mauro, Antón, Álvaro e Ángel. Destacar que foi o último partido como local da liga, conseguindo un pleno de victorias como locais. 

O Benxamín "B" pola sua parte viaxou hasta o campo de "Eiroas", donde se mediría o equipo do Santa Teresita. Os pequenos do benxamín conseguirían facer unha moi boa primeira parte, loitando e competindo moi ben, pero o derroche físico pasarialle factura na segunda parte, onde o equipo local sería mellor e pecharía o partido cun marcador final de 5 - 0. CLASIFICACIÓN BENXAMÍN

IMG-20150124-WA0010       IMG-20160330-WA0001

 

O máis cativos do prebenxamín viaxaron ata o campo de "A Valenzá" para disputar o seu encontro fronte o Barbadás "B". Os de San Rosendo a pesar de que eran os que máis ocasións tiñan, comezaron perdendo. Ramón empataría o encontro pero os locais poríanse por diante no marcador antes do descanso. A segunda parte seguiu o mesmo guión. Os nosos rapaces continuaban na busca do empate que conseguiría Raúl, pero os contrarios conseguirían o 3  - 2 na seguinte xogada. A partir de ahi a EDC Celanova daría un pasiño más e conseguiría darlle a volta o marcador, primeiro co empate de Samuel, e logo co 3-4 obra de Adrián. Xa nos últimos intres Emilio poría o 3 a 5 definitivo tras un tiro lofgo de sacar un corner.

CLASIFICACIÓN PREBENXAMÍN

IMG-20160330-WA0002

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.