Actualidade - Fútbol

O Benxamín "B" cae ante un moi bo Antela

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Benxamín "B" xogou co Antela C.F. "B" o seu segundo partido de liga. O equipo Celanovés, que viña de empatar co Allariz na casa nun trepidante partido, saliu o campo da Moreira a dar o mellor de si dende o minuto 1. Consecuencia de esto, os blanquiazuis gozarían de varias oportunidades de gol nos pes de Adrián e Alex, disparos que se irían desviados polo lateral da rede. Nunha boa xogada trenzada pola EDC Celanova daría lugar o 0 a 1 por medio de Samuel, que se anticiparía a saída do porteiro, dando a sorpresa e adiantándose no marcador. O partido aguantaría o mesmo guión uns intres máis, ocasións para o Celanova pero que non se materializaban. As forzas empezaron a mermar, e foi ahí cando o Antela empezou a gañar campo e plantarse na portería visitante, aínda así sería mediante unha falta cando os de Xinzo conseguirían o empate pouco antes do descanso.

A segunda parte xa sería outro cantar, co nosos benxamín agotado tralo esforzo que estaban a realizar, o equipo local faría alarde do seu poderío físico. Con autoridade, no primeiro minuto da segunda parte adiantaríanse mediante un sobervio gol de cabeza tras un corner, duro golpe para os rapaces da EDC Celanova, que aínda que non se rendiron e seguiron traballando non foron capaces de inquedar a portería rival tanto como na primeira parte. Con este escenario o Antela apoderouse do partido e poría o 5 a 1 definitivo no marcador. Gran partido do Benxamín "B" que nunca se rendeu a pesar da superioridade do equipo rival. BO TRABALLO RAPACES!

FICHA DO PARTIDO        CLASIFICACIÓN BENXAMÍN "B"  

 

benxamín B               BENXAMÍN B - ANTELA

 

BENXAMÍN B - ANTELA 2               BENXAMÍN B - ANTELA 3

 

BENXAMÍN B - ANTELA 4               BENXAMIN B - ANTELA 5

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.