Actualidade - Fútbol

PEQUENO BACHE PARA O ALEVÍN "A" DE FÚTBOL

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

ALEVÍN A - NOGUEIRAPartido adiantado o venres onde o Celanova firmaría a segunda derrota consecutiva que o deixa no terceiro posto da clasificación. 

Prometía ser un partido disputado , con dous conxuntos pelexando polos primeiros postos da clasificación, e así resultou dende o principio, cun  visitante cas ideas moi claras e co mesmo sistema táctico que os locais, un 2-4-2 que dificultaba os acercamentos a porta. 

O Celanova comezou apretando forte e , a base de paredes polas bandas, sobre todo a esquerda , propiedade absoluta de Hugo Pereira que se asociaba constantemente cos medios Jose e Iker e o dianteiro titular nesa xornada, Joel. 

Os blanquiazuis disfrutaron de varias ocasións o comezo do encontro, con algún tiro lonxano ben controlado polo arqueiro contrario e sobre todo, unha preciosa xogada de toque, comezando dende a defensa e , a base de paredes que acabou con Pereira só ante Mauro e que éste solucionou tras un intento de vaselina que saíu moi baixo. 

No minuto 8, o Nogueira adiantouse no marcador tras  un corner e o Celanova non conseguiría o empate ata o último minuto do primeiro tempo, cun remate de cabeza de Iago , tras unha falta no fondo visitante , que a convertía case nun corner. 

O segundo tempo continuou reñido pero xa sen moito xogo asociativo, os locais contaxiaronse do fútbol do Nogueira, que intentaba mediante balóns longos as espaldas da defensa e unha presión no medio campo que era claramente visitante. 

No minuto 35 , noutro balón parado , o Nogueira adiantabase de novo no marcador e, 5 minutos despois, tras un forte corner botado por Hugo Pereira, o balón foi introducido nas redes por un defensa visitante, que non conseguíu despexar. 

Poucas ocasións en xeral no segundo tempo, algúns tiros lonxanos parados perfectamente por ambos porteiros, sobre todo unha falta lanzada por Hugo Pereira que sacaría da escadra o gardaredes do Nogueira. 

ALEVÍN A - NOGUEIRA 2Decisivo estaría tamén Diego Lopez, que sacaría un balón da linea de porta a pouco do final. 

No derradeiro minuto de partido, cun corner a favor do Celanova, que conseguira os dous goles a balón parado, chegaría a contra visitante que finiquitaría o partido. 

Intentouse sorprender sacando en curto, pero non saíu ben e a xogada acabou en roubo e contra do Nogueira que Yago empurraría a pracer a porta e daría os tres puntos os visitantes. 

Partido emocionante no que o mais xusto podería ser un empate , pero que acabou ca victoria viaxando lonxe de Celanova. 

Ánimo o equipo, que éste e o camiño pra seguir pelexando polos postos de honra. 

 

¡BO TRABALLO EQUIPO!

 

FICHA DO PARTIDO                    CLASIFICACIÓN ALEVÍN "A"

 

ALEVÍN A - NOGUEIRA 3ALEVÍN A - NOGUEIRA 4

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.