Historia

A escola de fútbol comenzou a andadura polo ano 1989 coa inauguración do Pavillón de deportes da Pedra da Moa e dentro do grupo de actividades que no seu comenzo se ofreceu dende o recien creado polo entonces Patronato Deportivo Municipal. A escola celebra o 25 aniversario de funcionamento de maneira inenterrumpida, sendo a única que se mantén dende o inicio do Pabellón. Nun primeiro momento comenzou a súa andaina ca creación dun equipo alevín e un de infantis ,sendo o primeiro responsable da escola Juan Quintas, no ano 1994 aumentaríase o número de categorías cun equipo cadete.A14112014 0002

O gran salto en canto a organización e volumen de equipos deuse no período entre o ano 1997 e o 2003, onde se conseguiu xenerar por primeira vez unha estructura de escuela con equipos en todalas categorías dende benxamins a cadetes, e incluso por primeira vez a formación dun equipo por ano nas categorías dos mais pequenos co cambio de futbol-11 a fútbol-8 en benxamíns e alevíns. O salto da escuela en ise período foi tanto cuantitativo en canto o nùmero de nenos e equipos como cualitativo, en ise período consiguiriase o ascenso a liga gallega cadete (temporada 2000-2001) e a liga gallega infantil (temporada 2002-2003) conseguindo ser a primeira escuela da provincia en ascender equipos as dúas categorías autonómicas despoixa do Pabellón CF. e CD.Ourense.

Sin título

Así mesmo na temporada 2001-2002 conseguiriase o doblete provincial na categorìa de infantis, campeón de Liga e de Copa Deputación (2001-2002), sendo o única vez na historia da escola que se conseguiu tal logro. Nesa mesma temporada 2001-2002 consiguiuse clasificar o alevín por primeira vez para disputar o campionato galego de fútbol-7 fronte o Salgueiriños de Pontevedra . Na 2002-2003 o infantil voltaría a xogar a final da Copa Deputación, perdendo ante o Ponte Ourense esta vez a penaltis. Na temporada 2003-2004 gañaríase unha nova Copa Deputación esta vez na categoría cadete. Na mesma temporada 2004-2005 xogaríase un novo Campeionato Galego de fútbol-8 en categoría alevín, quedando eliminados co Coruxo 1-0 e 0-0.Na temporada 2008-2009 o equipo cadete consiguiu disputar a fase de ascenso a liga gallega caíndo derrotado co Céltiga, e sendo esta a última vez ata o momento que a escola estivo representada nunha competición oficial en categoría autonómica.

     A partir do ano 2005 os concellos empezaron a darse de conta da cantidade de nenos que movía o fútobl base e comenzaron a apostar pola creación das distintas escolas municipais que hoxe estan constituidas na provincia, xeneraronse moitas novas instalacions con campos de herba sintética, e organizaronse de unha maneira mais profesional, o cal trouxo como consecuencia que creceran moito o número de nenos e polo tanto ganaran en competitividad, moitas de elas pasaron de manexar 30 ou 40 rapaces a moverse en torno aos 300 e 400 nenos. Isto fixo que nós perderamos a ventaxa competitiva que tiñamos e unido o problema demográfico da nosa zona, moi baixa natalidad, entraramos nunha época donde se nos fai mais dificil manternos no mesmo nivel de resultados..

 14112014 0015

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.