Actualidade - Fútbol sala

DERROTA DO EQUIPO FEMENINO FRONTE O CARTELLE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

O Sábado pola tarde disputouse no pavillón "Piño Vilachá" de Outomuro o partido onde se xogaba o liderato da liga Cabreiroá Provincial Femenina entre a E.D.C. Celanova e o Cartelle. Con ambiente das grandes citas só podía pasar unha cousa, que disfrutásemos de un gran partido, e a expectativa foi a esperada. O partido presentábase cunha E.D.C. Celanova a 1 punto do segundo clasificado, o Cartelle F.S.F.. Tanto o equipo local como o visitante saíron a por o partido, cada un cas suas armas, e así o Cartelle conseguiría adiantarse na primeira parte por duas veces. As rapazas da E.D.C. seguían insistindo, pero non eran capaces de materializar as ocasións. Xa na segunda parte, e co marcador 2 - 0 en contra, as Celanovenses irían a por todas, e foi así como Nuria recortaría distancias nunha fermosa xogada. O Celanova seguía atacando e encerrando as locais no seu campo, que crean perigo cos seus contragolpes. A falta de 2 minutos para o remate, Carla empataría para o Celanova con porteiro-xogador. Non contentas co empate, as rapazas da E.D.C. seguirían na procura do terceiro tanto, o cal casi lles poría a liga nas mans, pero un roubo de balon nunha saída de presión por parte do Cartelle poría o definitivo 3 a 2 para as locais a falta de un minuto. Cambio de lider na liga a falta de 2 emocionantísimas xornadas.CLASIFICACIÓN LIGA CABREIROÁ FEMENINAIMG-20151217-WA0004

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.