Historia

Historiasporting celanova

A escola de fútbol sala creouse no ano 1989 cando a apertura do Pavillón Polideportivo municipal da Pedra da Moa. Xunto ca de fútbol e a única que se conseguiu manter en funcionamento de maneira inenterrumpida durante istes 25 anos. Ainda que dende un principio sempre funcionou como un complemento a de fútbol, xa que non existian as competicions de fútbol nas cateforías de Prebenxamin e Benxamins polo que as posilidades de poder competir se reducía ao fútbol sala. Aos finais dos anos 90 coa aparición do fútbol-8, xeneraronse as primeiras competicions nas categorías mais pequenas, e moitos clubes deciden abandonar o futbol sala para pasarse o fútboL.  Na nosa escola debido a que contamos con unhas das mellores instalacions polideportivas da provincia e por contra tiñamos un deficit en canto a instalacions exteriores, decidimos que os primeiros anos de competición na escola se mantiveran en torno ao fútbol sala, situación que se prolongou ata fai mui pouco(temporada 2011-2012).

Esto aposta polo futbol sala fixo que o nivei dos xogadores e adestradores fose crecendo, ata chegar a convertirse nos últimos anos nun dos referentes provincias e autonómicos do fútbol sala de base. Así a partir da temporada 2009-2010 darase un salto cualitativo na escola ao conseguir o equipo Benxamin de primeiro ano proclamarse campión da sua liga a nivei provincial e subcampeón de Liga o equipo Pre-benxamín. A temporada 2010-2011 o equipo Benxamín de segundo ano conseguiría por primeira vez para escola o doblete provincial ao gañar a Liga e a Copa Deputación.Niste ano voltaríase a crear o equipo feminino de fútbol sal que ainda que participará na liga senior está formado na casi toda sua totalidade por rapazas en idade de formación. O crecemento competitivo da escola seguirá na temporada 2011-2012 donde o Benxamín de segundo conseguirá un triplete histórico para escola ao proclamarse campión de Liga e Copa Deputación a nivei provincial e Campión Galego en Betanzos ao derrotar ao Vigo 2015 ns finai. Esa mesma temporada o equipo Pre-Benxamín acompañaría ao Benxamín como campeón da Copa Deputación. Na 2012-2013 conseguiriase un novo éxito ao conseguir disputar todas as finais de Copa Deputación nas categorías en que participaba Prebenxamíns e Alevíns que conseguirían sair campións e Benxamín que perdería a súa finai diante o Carballiño.Imagen alevin gallego

Na temporada 2013-2014 daríase un paso mais ao conseguir gañar todalas competicións de Liga regular nas que participou dende Prebenxamins, Benxamins, Alevins ata Infantis. Conseguindo meter por primeira vez dous equipos no campionato galego que se celebrou en Celanova, o Benxamín que caería derrotado en semifinal co Cidade de Narón que saería derrotado. Mentres o Alevín tras gañar rn semifinais ao Clube do Mar da Coruña perdería finai cos Sauces de Vigo, Mentres nas finais de Copa Depuación que se celebraron tamén na nosa vila saerían campións os Alevíns e Infantís caindo derrotado na finai o Benxamín e en semifinai o Pre-Benxamín.A súa vez o equipo femenino conseguirá tamén chegar a finai de Copa que perderá aos penalty co Cartelle e subcampeón de Liga despoixa dun campionato mui apretado que gañaría a Ponte Ourense.

Tamén cabe destacar en estes últimos anos a participación en varios dos torneos mais importantes do panorama autonómico e nacional: 2010 Torneo Marino Dór-Cup, Participación, dende 2011 participación no Torneo Cidade de Lugo o importante a nivei nacional rematando subcampeón da fase previa no ano 2012, Campión Benxamín , Subcampeón Alevín e semifinalista do Torneo Cidade da Coruña no2013,Campión do Vila de Verínen Benxamins e Alevíns no 2013, Campión do Torneo de Redondela 2014, Semifinalistas no Torneo de Burela 2014.

2CS 0678

Esta temporada o equipo infantil compite na Liga Galega infantil xunto cos mellores clubes do futbol sala galego. Situación que xa se produxo en categoría cadete na temporada 2011-2012.

Todo isto fixo que a día de hoxe a nosa escola sexa unha das mais recoñecidas a nivei galego, conseguindo estar representada nas mellores competición e gañarlles partidos nas diferentes categorías a os mellores clubes da nosa comunidad como  o Azkar Lugo, Santiago futsal, Burela, Vigo 2015,Club del Mar ou Liceo da Coruña....

Futbol sala femenino

Un capitulo aparte merece o fútbol sala femenino, xa que ocupa un dos postos relevantes no discurrir da escola. Nun primeiro momento coa fundación do primeiro equipo de futbol sala femenino da escola que se produciria no ano 1994 baixo o nome de Pavilón Celaova, e que en pouco tempo conseguiría o ascenso liga galega no ano 1997, ademais do título de liga e un subcampeonato de Copa Deputación, así como manteñerse na categoría autonómica durante catro temporadas. E por outro o equipo da escola que tras a disolución do primeiro, polo ano 2006, se voltaba a por en marcha na temporada 2010-2011 esta vez baixo o nome das Escolas Deportivas do Concello de Celanova, conseguindo un moi bo nivel competitivo en moi pouco tempo que o levou a gañar a Copa Deputación na temporada 2012-2013 e ser subcamoeón de Copa e de Liga na 2013-2014.

 

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.